Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias


Noticias

O Trofeo de Tenis Concello de Ames alcanza o centenar de inscritos na súa primeira edición

[22-04-2019] As instalacións do Real Aeroclub de Santiago, situadas na parroquia de Piñeiro, acolleron ao longo da semana pasada a primeira edición do Trofeo de Tenis Concello de Ames. O torneo estivo dividido nas modalidades federada e open non competitivo. As categorías federadas dividíronse en benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluto e veteranos + 35; mentres que o open estivo dirixido a nenos/as de 6 a 10 anos (mini-tenis, 3/4 pista e pista completa). En total inscribíronse 71 persoas federadas e 20 non federadas.

O Concello de Ames intensifica a súa programación literaria entre o 22 e o 27 de abril co gallo da Semana do Libro

[17-04-2019] Ames celebra o Día do Libro, que se conmemora cada 23 de abril, cunha Semana do Libro cargada de actividades destinadas a levar a literatura a todos os recunchos do municipio amesá. Así, a Concellaría de Cultura organiza entre o 22 e o 27 de abril unha intensa programación composta por sesións de contacontos, obradoiros, representacións e presentacións de libros. O acto central das celebracións terá lugar o sábado 27, na praza do Concello de Bertamiráns, co desenvolvemento da iniciativa “Literatura na Praza”. A xornada, que dará inicio ás 17:00 horas, incluirá propostas para todas as idades. Haberá exposición, venda e presentación de libros, entre eles o do XIV Certame Literario Concello de Ames, unha mesa redonda e varios espectáculos musicais e poéticos.

O Concello de Ames e a USC colaboran na realización dun estudo sobre a prevención de condutas aditivas no ámbito escolar

[17-04-2019] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Ames e a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC-PSICOM) colaboran na realización dun estudo sobre o consumo de drogas e a presencia de condutas aditivas entre a mocidade amesá. Mediante esta iniciativa búscase contribuír á optimización da labor preventiva e a definir unha estratexia de prevención axeitada á contorna social de Ames a través do deseño dun Plan Local de Prevención de Condutas Aditivas no municipio. Neste estudio participan un total de 1750 alumnos e alumnas dos centros escolares de titularidade pública do municipio, divididos en 70 grupos. Este traballo segue a liña do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar levados a cabo nos centros públicos de Ames, nos que participaron arredor de 840 alumnos/as e as súas familias, así como un total de 31 docentes.

A Concellaría de Turismo e a agrupación de Protección Civil de Ames poñen en marcha en Semana Santa un operativo especial destinado ao apoio dos peregrinos/as

[17-04-2019] O concello de Ames constitúese como paso obrigado para os peregrinos e peregrinas que, ou ben percorren o Camiño Portugués cara a Santiago de Compostela, ou ben deciden rematar a súa experiencia xacobea en Fisterra e Muxía. Así, en vista ao incremento de persoas que deciden realizar algún destes camiños durante a Semana Santa, a agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil e a Concellaría de Turismo de Ames están a realizar un operativo especial co obxectivo de asesorar, resolver incidencias e prestar axuda aos distintos camiñantes. Para elo, entre o sábado 13 de abril e o domingo 21, varios membros/as da agrupación atópanse tanto no Milladoiro como en Ponte Maceira para resolver calquera incidencia ou dúbida que poida xurdir ao abeiro da ruta xacobea.

O alumnado da EIM A Madalena achégase aos oficios a través de varias visitas de diversos profesionais

[16-04-2019] Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena adicaron as últimas semanas a estudar os distintos oficios. Para ilustrar o aprendido nas aulas, os cativos puideron ver de primeira man como é traballar de xardineiro/a, arquitecta/o, adestrador/a de cans, bombeiro/a ou carteira/o, a través de distintas visitas realizadas por varios profesionais destas ramas. Ao abeiro deste bloque temático, os nenos fixeron unha excursión é oficina de Correos do Milladoiro, e recibiron a visita de Protección Civil de Ames, GES de Brión e varios pais e nais de alumnos/as, que lles explicaron en que consiste o seu traballo.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925