Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Preséntanse as...


Preséntanse as pezas en 3D que fabricaron os alumnos/as do IES de Ames en colaboración coa Universidade de Vigo

[13-05-2013] Esta mañá, o IES de Ames acolleu a presentación das pezas fabricadas polo alumnado de tecnoloxía para o acelerador de partículas. Este centro de ensino está inmerso nun proxecto a través do cal de están iniciando no uso de técnicas de prototipado rápido mediante impresión 3D. Esta iniciativa estase desenvolvendo en colaboración co grupo CIMA do departamento de Enxeñaría Mecánica da Universidade de Vigo. Na presentación realizáronse varias demostracións de fabricación de pezas mediante impresión 3D. A este acto asistiron Bernardo Moar, concelleiro de Educación do Concello de Ames; Enrique Casarejos e Alfredo Iglesias investigadores do departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo; e Antonio Vázquez, profesor da área de Tecnoloxía do IES de Ames.

O IES de Ames en colaboración co grupo CIMA do departamento de Enxeñaría Mecánica da Universidade de Vigo está traballando na fabricación de varias pezas para o acelerador de partículas que están fabricando enxeñeiros alemáns. O traballo que lle encomendaron ao alumnado de tecnoloxía deste centro de ensino foi facer varias pezas nunha maqueta a escala.

Deste xeito, ao longo deste curso o alumnado amiense participou na montaxe e na posta en marcha dunha impresora 3D de modelado por deposición fundida (FDM: fused deposition modeling) “de sobremesa” tipo RepRap Felix1.5 (http://www.felixprinters.com/).

Por outra banda están fabricando varias pezas representativas da súa capacidade de produción a partir de modelos 3D de uso libre dispoñibles a través de recursos web e participaron na xeración de modelos 3D (con software libre) e o prototipado rápido de obxectos de deseño propio por parte dos estudantes de Electrotecnia e TICS.

Promover a formación dos estudantes
Estas actividades teñen por obxectivo promover a formación de estudantes de bacharelato nas técnicas de deseño e prototipado rápido de pezas, empregando unha impresora 3D FDM “de sobremesa” e software libre de deseño 3D; e achegar aos estudantes de bacharelato as actividades de I+D levadas a cabo na universidade, facilitando a súa participación na produción de prototipos de compoñentes e sistemas desenvolvidos polo grupo CIMA.

En concreto, traballouse na construción dunha maqueta da estrutura mecánica do detector calorímetro CALIFA do experimento R3B para o centro de investigación en física nuclear FAIR en Alemaña. En próximos días está prevista unha visita de estudantes de 4º de ESO e Bacharelato do IES de Ames á Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Ademais, está previsto que o alumnado amiense visite o centro de investigación en física nuclear FAIR en Alemaña. Audio sobre a presentación das pezas en 3D que fabricaron os alumnos/as do IES de Ames (preme aquí)

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925