Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Xunta de Goberno...


A Xunta de Goberno Local aproba a concesión de axudas para as actividades realizadas polas asociacións culturais e para a celebración de festexos populares

[21-03-2013] O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos municipais. Da convocatoria de axudas de 2012 puideron beneficiarse 15 entidades culturais sen ánimo de lucro, entre as que se repartirán 23.401,24 euros, así como 8 comisións de festas que disporán de 15.800 euros. Deste xeito, o goberno municipal destina un total de 39.201,24 euros á promoción das actividades cultuais e á organización de festexos parroquiais. Estas axudas foron concedidas despois de que a Comisión de Valoración examinase todas as solicitudes presentadas á convocatoria de 2012.

Para a realización de actividades culturais concedéronse 23.401,24 euros, repartidos entre un total de 15 asociacións culturais municipais. Estas subvencións están destinadas á organización de actividades -organización de cursos, adquisición de diverso material, organización do Magosto, compra de instrumentos musicais, celebracións tradicionais, viaxes culturais, obradoiros, certames, etc-.

A selección das peticións e a contía das subvencións a conceder determinouse despois da consideración das actividades e investimentos a realizar e de acordo cun baremo de puntuacións que tivo en conta o interese da actividade e a súa adecuación ao interese local, o número de socios, a promoción da lingua galega, o orzamento da actividade e o coeficiente de financiamento derivado da solicitude.

Promoción das festas populares
Por outra banda, para a promoción de festas populares celebradas no exercicio 2012 concedéronse un total de 15.800 euros que irán parar as arcas de 8 asociacións e comisións de festas. Nesta ocasión, a convocatoria contemplou un reparto de achegas que dependeu directamente da poboación da parroquia ou lugar no que se celebraron as festas, intentando con isto que a actividade financiada chegue a un maior número de veciños e veciñas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925