Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello de Ames...


O Concello de Ames aproba a concesión das axudas para a promoción das actividades culturais e deportivas, organización de festexos e para fomentar o comercio

[28-12-2011] O Concello de Ames, sempre comprometido coas asociacións culturais, deportivas, veciñais e de comerciantes, acaba de aprobar a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e deportivas, organización de festexos municipais e fomento da actividade comercial no municipio. Da convocatoria de axudas de 2011 puideron beneficiarse 22 entidades sen ánimo de lucro, entre as que se repartirán 40.048,97 euros, así como tamén 10 comisións de festas que disporán de 23.639,77 euros, e 20 clubs e entidades deportivas aos que se lle outorgaron 47.036,07 euros. Mentres que as asociacións de comerciantes e empresarios recibirán 37.000 euros. Deste xeito, o goberno municipal destina un total de 147.724,81 euros á promoción das actividades cultuais e deportivas, organización de festexos e fomento do comercio.

Audio sobre as axudas aprobadas polo Concello de Ames (preme aquí) A cultura e o deporte son elementos básicos que deben ser promovidos en prol da sociedade. Debido a iso, o Concello de Ames acaba de aprobar a concesión das axudas para a promoción das actividades deportivas e culturais, así como a organización de festexos, da convocatoria de 2011. As subvencións concedidas para actividades culturais tivo unha contía de 40.048,97 euros, mentres que se destinaron 47.036,07 euros para a promoción do deporte e 23.639,77 euros para a celebración de diferentes festas parroquiais. Destas axudas beneficiaranse un total de 52 entidades sen ánimo de lucro, deportivas e comisións de festas.

Un total de 22 entidades sen ánimo de lucro recibirán 40.048,97 euros. Entre estas entidades hai asociacións de veciños, culturais, educativas e recreativas. Ademais, 20 clubs e entidades deportivas, repartíranse 47.036,07 euros. As asociacións veciñais e comisións de festas tampouco quedarán sen a súa achega económica para poder sufragar as festas parroquiais do ano pasado. Deste xeito, un total de 10 asociacións e comisións de festas recibirán 23.639,77 euros.

Axudas ao comercio amiense

Por outra banda aprobouse a concesión das axudas ao comercio amiense. Este ano a subvención está dotada de 37.000 euros. Esta contía repártese en tres capítulos. A primeira partida, destinada á iluminación de Nadal, conta con 12.000 euros, outra de 6.000 euros é para infraestruturas e equipamento, e a terceira, que se destina ao apartado de promoción comercial, está dotada de 19.000 euros. Isto supón un incremento de 4.000 euros respecto ás subvencións dos anos anteriores.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925