Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Apróbase a...


Apróbase a terceira modificación do Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames

[16-05-2019] A Corporación municipal aprobou no pleno ordinario do pasado mes de abril a terceira modificación do Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames co obxectivo de incluír as novas liñas de axudas que se recollen no Orzamento de 2019. Así, inclúese unha nova liña de achegas de 60.000 euros dirixida as entidades e clubs deportivos, para actividades de escolas deportivas, fomentando a práctica deportiva entre os máis novos; unha nova axuda de 17.000 euros destinada ao fomento dos servizos de protección civil desenvoltos pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames; e increméntase en 5.000 euros, alcanzando a cifra de 74.700 euros, a subvención en materia de promoción económica. O Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames de 2019, coas modificacións feitas, ascende a 737.704,55 euros.

Cómpre lembrar que o pasado 29 de maio de 2017 a Corporación municipal aprobou o Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames para os exercicios 2017, 2018 e 2019. Posteriormente, o 28 de decembro de 2017 o Pleno aprobou unha primeira modificación do Plan, na que se introduciu a liña de axudas para a promoción de medidas preventivas mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de franxas secundarias de xestión de biomasa. Ademais, o 26 de xullo de 2018 a Corporación aprobou a segunda modificación do Plan, na que se introduciron e modificaron as liña de axudas derivadas da aprobación definitiva do Orzamento de 2018.

Agora, houbo que facer unha terceira modificación de dito Plan co obxectivo de incluír as novas liñas de axudas que se recollen no Orzamento de 2019. Así, incluíronse dúas novas liñas de axuda: unha de 17.000 euros destinada ao fomento dos servizos de protección civil desenvoltos pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames; e outra de 60.000 euros dirixida ás entidades e clubs deportivos, para actividades de escolas deportivas, fomentando a práctica deportiva entre os máis novos. Ademais, incrementouse en 5.000 euros, alcanzando a cifra de 74.700 euros, a subvención en materia de promoción económica.

Por outra banda, mantívose o importe de tres liñas de axudas: seguen destinándose 82.174 euros á subvención en material de promoción cultural e normalización lingüística; 28.500 euros á axuda en materia de educación; e 18.000 euros ás subvencións en materia de medio ambiente. Por último, na área de servizos sociais e promoción social destínase un crédito para subvencións de 341.830,55 euros. Deste xeito, o Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames de 2019, coas modificacións feitas, ascende a 737.704,55 euros.

O Plan estratéxico de subvencións recolle os obxectivos e os efectos que se pretenden coa aplicación de dito plan, o prazo necesario para a súa consecución, os custes previsibles, e as súas fontes de financiamento. Conforme á lexislación vixente era preciso aprobar dito plan. Coa aprobación deste plan estableceuse un calendario de subvencións que está rexendo dende o exercicio 2017. Este plan ten un carácter estratéxico e programático. Estas axudas quedarán supeditadas a criterios obxectivos, que se reflectirán nas bases que se publicarán.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925