Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Milladoiro celebra...


O Milladoiro celebra as súas festas de San Xosé o 18 e 19 de marzo

[16-03-2019] A Asociación de Festas do Milladoiro organiza a vindeira semana dous días de festa cos que celebrar a conmemoración o San Xosé, patrón da localidade. A celebración estará marcada polas actuacións musicais, entre as que destaca a presentación oficial da tempada 2019 da orquestra Ciclón. Os festexos realizaranse no aparcamento-explanada do Supercor, na rúa Agro do Medio, onde se instalará unha carpa.

As festas de San Xosé do Milladoiro comezarán este luns, 18 de marzo, co tradicional disparo de bombas de palenque ás 10.00 horas e unha vixilia na nova igrexa do Milladoiro ás 19.00h. Pola noite desenvolverase unha gran verbena amenizada polo trío musical 3.COM e a orquestra Ciclón, que realizará a presentación oficial da súa tempada 2019 con novos temas. O remate de festa correrá a cargo do DJ Sony.

O martes a festa continuará co disparo de bombas de palenque ás 10.00 horas. Ás 12:30h desenvolverase unha misa solemne na nova igrexa da localidade. Despois, a partir das 14:00 horas, a festa proseguirá coa sesión vermú, na que as persoas asistentes poderán gozar da música do grupo Atenas, que tamén será o encargado de amenizar a verbena nocturna. Pulpería García será a empresa encargada do servizo de pulpería.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925