Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Aínda...


Aínda estás a tempo de inscribirte no obradoiro de elaboración de perfumes que organiza a Aula da Natureza este sábado

[12-03-2019] A Aula da Natureza dálle a benvida á primavera este sábado cun obradoiro de elaboración de perfumes. O taller, que terá lugar nas instalacións da Aula na Ameixenda, será impartido pola enxeñeira técnica agrícola, técnica de xestión medioambiental e consultora internacional para ONU Mulleres, Lidia Rojo. Para participar neste taller é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes das 14.00h deste venres.

Coa chegada da primavera, chega tamén o momento de floración de plantas e árbores, que permite que as cores e os olores impregnen a natureza. Para aproveitar este fenómeno, a Aula da Natureza organiza este sábado, 16 de marzo, unha segunda parte do obradoiro de perfumes co que se busca achegarnos a natureza de forma dinámica e lúdica. Se ben é unha segunda parte do obradoiro realizado en novembro, para participar non é necesario ter participado na primeira parte, posto que durante esta nova xornada non só se fará un percorrido polo temario do taller anterior senón que tamén profundará en novos aspectos.

Así, durante o taller ofreceráselle ao alumnado unha serie de claves para a elaboración de esencias e perfumes, como o coñecemento das esencias, o seu mantemento e como mesturalas para elaborar fragrancias. Ademais, tamén se lles ensinarán as distintas partes da planta que se empregan para extraer aromas e en que consisten as diversas técnicas de destilación.

O taller, que se realizará o sábado, 16 de marzo, en horario de 11.00 a 13.30h nas instalacións da Aula da Natureza, tamén será impartido por Lidia Rojo, enxeñeira técnica agrícola, técnica de xestión medioambiental e consultora internacional para ONU Mulleres.

Para participar neste obradoiro de elaboración de perfumes é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición, dispoñible baixo o apartado de descargas, ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes das 14.00h deste venres.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925