Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello de Ames e...


O Concello de Ames e Médicos do Mundo organizan para este mércores unha conferencia sobre a nova Lei sanitaria

[04-03-2019] Este mércores, 6 de marzo, ás 20.00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha conferencia sobre a nova Lei sanitaria, na que se abordarán os dereitos humanos e os dereitos á saúde. Esta actividade enmárcase dentro do convenio de colaboración que ten asinado o Concello de Ames coa organización Médicos do mundo, que organiza anualmente un programa de formación e prevención da saúde. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

A organización Médicos do mundo, en colaboración co Concello de Ames, organiza este mércores, 6 de marzo, entre as 20:00 e as 22:30 horas, unha xornada de formación para asociacións, agrupacións e grupos de persoas inmigrantes. Nesta xornada falarase da nova lei de sanidade e sobre os dereitos de cada persoa. Deste xeito, falarase dos dereitos en saúde, de onde ven o dereito á saúde, da nova lei sanitaria, a sobre as vías existentes para acceder á saúde dende xullo de 2018.

A organización non gobernamental, Médicos del Mundo, atende pacientes aos que se lles nega o acceso á sanidade pública e denuncia estes casos. No informe que a organización anualmente presenta para dar a coñecer a vulneración á que está sometido este segmento de poboación, aparecen moitos casos da contorna de Santiago de Compostela á que pertence o Concello de Ames.

A xornada está financiada polo Ministerio de Traballo, Migraciones y Seguridad Social e pola Unión Europea a través do Fondo de Asilo, Migración e Integración. A actividade chega a Ames da man da organización Médicos del Mundo e impartirase coa colaboración do Concello.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925