Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas 14 persoas de...


14 persoas de diferentes nacionalidades participan na sexta edición do curso de esforzo de integración

[26-02-2019] O Concello de Ames, a través dos departamentos de Servizos Sociais, Promoción Económica e o Centro de Información á Muller, está desenvolvendo a sexta edición do servizo Ames Integra. Trátase dun programa de formación e integración socio-laboral, que está dirixido á poboación inmigrante que reside no termo municipal amesán. Este servizo pretende estruturar un conxunto de liñas de acción, que teñen por obxecto dar a coñecer o entorno xurídico e social, e mellorar a empregabilidade dos desempregados inmigrantes con menos recursos económicos e formativos, favorecendo así a súa inserción social e laboral.

O Concello de Ames está desenvolvendo a sexta edición do proxecto Ames Integra, que está dirixido á poboación estranxeira extracomunitaria. Este programa está organizado en colaboración entre os departamentos de Servizos Sociais, Promoción Económica e o Centro de Atención á Muller. O programa marca unhas liñas estratéxicas que hai que seguir para coñecer o entorno xurídico e social, e mellorar a empregabilidade dos inmigrantes con menos recursos económicos e formativos, favorecendo así a súa inserción social e laboral.

Este proxecto, no que están participando persoas de diferentes nacionalidades, conten un curso de esforzo de integración, que comezou a desenvolverse o pasado 18 de febreiro e rematará o 11 de marzo. Está formación impártense por parte dos técnicos municipais e os participantes coñecerán a Constitución, o Estatuto de Autonomía, os valores da UE, os dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia a igualdade entre homes e mulleres e a diversidade lingüística, de acordo co establecido na Orde do 10 de novembro de 2015, que regula a admisión do informe de esforzo de integración. No relacionado cos temas da saúde vaise impartir un taller por parte de Médicos del mundo, para aclarar todas aquelas dúbidas que teñen a ese respecto.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Política Social. Os usuarios/as deste programa benefícianse durante todo o ano dun programa de asesoramento técnico especializado a persoas inmigrantes. A través deste programa trátase de regularizar a situación administrativa dos/as beneficiarios/as en función das súas expectativas laborais; renovación e modificación das autorizacións de residencia e traballo; homologación de títulos; etc.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “o proxecto Ames Integra VI está baseado en tres liñas de acción como son a información, a formación e a procura activa de emprego. Trátase dun programa xa consolidado que cada ano ofrece asesoramento e formación á poboación estranxeira extracomunitaria. Teño que agradecer a colaboración neste programa da Consellería de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller”.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925