Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O amesán,...


O amesán, Samuel Míguez, gaña o campionato galego de natación nas probas de 100m e 200m braza e queda subcampión en 100m estilos

[11-02-2019] A piscina do complexo deportivo Rías do Sur, de Pontevedra, acolleu os días 2 e 3 de febreiro o Campionato galego de natación alevín de inverno. En dito campionato, o amesán, Samuel Míguez Feijóo, gañou o campionato galego alevín (14 anos) nas probas de 100 metros e 200 metros braza e quedou subcampión en 100 metros estilos. Deste xeito, consegue a mínima na modalidade de 100 metros braza para disputar o campionato de España individual de natación. Ademais, Samuel Míguez foi convocado pola Federación Galega de Natación para o campionato de España de natación alevín por CC.AA., que se celebrará en Madrid os días 2 e 3 de marzo no Centro de Natación M´86.

O amesán, Samuel Míguez Feijóo, do club de natación Cidade de Santiago, gañou o Campionato galego alevín individual (14 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Dito campionato disputouse os días 2 e 3 de febreiro na piscina do complexo deportivo Rías do Sur, de Pontevedra. Deste xeito, consegue a mínima na modalidade de 100 metros braza para disputar o campionato de España individual de natación. Ademais, foi subcampión na modalidade de 100 metros estilos.

Samuel Míguez foi convocado pola Federación Galega de Natación para o campionato de España de natación alevín por Comunidades Autónomas, que se celebrará en Madrid os días 2 e 3 de marzo no Centro de Natación M´86. O deportista amesán competirá nas probas de 100 metros e 200 metros braza.

Este éxito súmase ao conseguido a finais de xuño e comezo de xullo de 2018, cando gañou o campionato galego alevín (13 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Dito campionato disputouse os días 30 de xuño e 1 de xullo na piscina municipal Rosario Dueñas, en Ourense. Ademais, no campionato de España de 2018, celebrado do 19 ao 22 de xullo en Sabadell, acadou o oitavo posto na modalidade de 200m braza.

Por outra banda, Samuel Míguez foi convocado pola Federación Galega de Natación para participar no programa GES (Grupo Especial de Seguimento). Desta forma asegúrase a convocatoria para as concentracións na piscina do CGTD (Centro Galego de Técnificación Deportiva) de Pontevedra. Samuel Míguez estivo nominado na XIII Gala do Deporte, na categoría de promesa masculina máis destacada.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925