Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O FC Meigas no...


O FC Meigas no campionato nacional de seleccións sub20 de fútbol sala feminino

[07-02-2019] O FC Meigas, na aposta pola formación responsable e completa, pola mellora constante buscando novas metas e desafíos, partindo sempre da base sólida do traballo ben feito, está a gozar dun novo recoñecemento a todo isto. Diego Montero, coordinador deportivo do Club, forma parte do corpo técnico da selección galega sub20 que participa a partir do 9 de febreiro, en Madrid, no campionato de España de seleccións autonómicas de fútbol sala feminino.

O FC Meigas está moi ben representado no campionato de España, por Diego Montero, coordinador deportivo do Club, que forma parte do corpo técnico que leva a selección galega a este campionato tras ser a selección gañadora da fase previa disputada o pasado 4 e 5 de xaneiro en Vilalba (Lugo), gañando os partidos disputados coas seleccións das comunidades de Ceuta e Madrid.

A partir do 9 de febreiro, en Madrid, no Pavillón da Cidade do Fútbol das Rozas, disputarase a fase final do campionato de España de seleccións autonómicas sub 20, data na que a selección galega terá o primeiro partido contra a selección da comunidade de Andalucia, participando tamén como clasificadas para esta fase, as seleccións das comunidades de Cataluña e Murcia.

O FC Meigas, co seu traballo profesional, sempre buscando a excelencia e a superación, formando tanto xogadoras como técnicos, neste caso, representado por Diego Montero que participará por segundo ano consecutivo na fase final dun campionato de España (o ano pasado formou parte do corpo técnico da Selección Galega Feminina sub15).

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925