Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O alumnado da EIM O...


O alumnado da EIM O Bosque celebra o Día da Paz cunha festa chea de ritmo

[30-01-2019] Ao gallo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebra o mércores 30 de xaneiro, as nenas e nenos da escola infantil O Bosque adicaron esta semana a realizar diversas actividades co obxectivo de interiorizar valores relacionados coa paz. A programación rematou hoxe coa celebración dunha gran festa chea cores e música, na que participaron alumnos/as e profesores/as.

A EIM O Bosque, en Bertamiráns, conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cunha programación especial para recordar a importancia de valores como a tolerancia, a solidariedade, a non violencia e a paz. Ao longo da semana, os cativos e cativas realizaron diversas actividades co obxectivo de comprender e interiorizar conceptos como compartir, axudar, a non violencia ou o cariño, entre outros.

Asemade, cada grupo deixou voar a súa imaxinación para decorar unha nube e varias pingas de auga con todos os materiais ao seu alcance para, deseguido, engadir distintas palabras e frases relacionadas coa paz. Ao finalizar, as obras foron colocadas na entrada de escola para decorar o espazo.

Sen embargo, o acto central celebrouse a mañá deste mércores, e consistiu nunha gran festa chea de globos brancos, confeti de cores e moita música. Para conmemorar a efeméride, as nenas e nenas interpretaron varias pezas con referencias á paz, que aprenderon ao longo da semana.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925