Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias Abre o prazo para...


Abre o prazo para inscribirse no curso de inglés English Today!! organizado pola OMIX

[19-01-2019] A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta unha nova edición do curso English Today!!, orientado a un coñecemento práctico do idioma para o uso cotiá. O curso impartirase entre o 5 de febreiro e o 23 de maio, os luns e os mércores na Casa da Cultura do Milladoiro, e os martes e os xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns. As aulas terán unha duración de hora e media, desenvolvéndose de 20.00h a 21.30 horas. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, o curso conta con prazas limitadas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. O prazo para presentar as solicitudes comeza o martes, 22 de xaneiro, e permanecerá aberta ata o 1 de febreiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e a ficha de inscrición.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil continúa, un ano máis, coa súa aposta pola formación das mozas e mozos en linguas, que cristaliza nunha nova edición do curso de inglés English Today!! O curso, que se encadra dentro do programa de formación xuvenil Lidera 2019 da OMIX, consistirá nunha aprendizaxe práctica do inglés para o día día, que terá como finalidade que as persoas asistentes consigan comunicarse e comprender o inglés, de maneira que poidan empregalo en contextos e situacións cotiás como unha entrevista de traballo, unha viaxe ou unha consulta médica.

O curso realizarase entre o 5 de febreiro e o 23 de maio. Cada aula terá unha duración de 90 minutos diarios, en horario de 20.00h a 21.30 horas. As clases impartiranse os luns e os mércores na Casa da Cultura do Milladoiro, e os martes e xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns. O número máximo de alumnos será de dez por curso, para poder obter o máximo rendemento de cada aula. A metodoloxía que se empregará será eminentemente práctica.

Para inscribirse neste curso, as persoas interesadas deberán estar empadroadas no Concello de Ames e ter máis de 16 anos. Así mesmo, terán preferencia á hora de cubrir as prazas as mozas e mozos que se atopen entre os 16 e os 30 anos. Para un bo desenvolvemento do curso, será importante que as persoas inscritas teñan uns coñecementos mínimos de inglés, correspondentes a un nivel ESO ou equivalente, para poder conseguir o máximo aproveitamento. Para iniciar a formación, o curso deberá contar cun mínimo de seis persoas inscritas en cada aula. En caso de non cumprirse este requisito, o Concello de Ames poderá anular a actividade.

Tramitación das inscricións
Para realizar a inscrición será necesario enviala, debidamente cumprimentada, ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal ou entregala persoalmente na propia Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto cunha fotocopia do DNI. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de chegada. A solicitude de inscrición estará dispoñible na OMIX, presenta na Casa do Concello en Bertamiráns luns, mércores e xoves, e na Casa da Cultura no Milladoiro martes e venres; e no apartado de descargas desta nova. O prazo de inscrición remata o vindeiro 1 de febreiro. Para obter máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa OMIX de Ames a través do teléfono 616083229 ou do correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925