Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias Baobab Teatro achega...


Baobab Teatro achega o seu espectáculo infantil Puño Puñete ao Milladoiro

[10-12-2018] A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 14 de decembro, a representación de público familiar Puño Puñete de Baobab Teatro. O espectáculo consta de música en directo, contos, cancións e xogos populares, a través dos cales os cativos e as cativas se mergullarán nun mundo de fantasía e sensacións. Os convites para asistir xa están dispoñibles na Billeteira electrónica.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 14 de decembro, a representación de público familiar Puño Puñete de Baobab Teatro. O espectáculo consta de música en directo, contos, cancións e xogos populares, a través dos cales os cativos e as cativas se mergullarán nun mundo de fantasía e sensacións. Os convites para asistir xa están dispoñibles na Billeteira electrónica.

Puño Puñete é unha peza teatral, musical e visual, pensada para que as crianzas de 0 a 6 anos desperten as súas primeiras sensacións a partir da música e da tradición oral. Así, ao longo de 45 minutos, Andrea Bayer e David González interpretarán cantigas e contos acompañados de música en directo, baixo a dirección de Óscar Ferreira.

O espectáculo, que se apoia nun CD musical, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas. Os convites para asistir a este espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica, e reservarase un 10% para ofrecer de forma presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925