Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Inícianse as...


Inícianse as conversas do goberno municipal coa formación Ames Novo para a negociación dos Orzamentos de 2019

[04-12-2018] O pasado xoves, 29 de novembro, tivo lugar unha xuntanza de toma de contacto para iniciar a negociación dos Orzamentos Municipais de 2019 para o Concello de Ames. Na reunión participaron os voceiros/as das 3 formacións que conforman o goberno de Ames: Blas García (PSdeG), Genma Otero (Contigo Pódese) e David Santomil (BNG) que actúan en nome do goberno, e o voceiro da formación Ames Novo, Quique Costas e máis Carmen Calviño, concelleira desta mesma formación.

Nesta primeira toma de contacto puxéronse enriba da mesa cuestións previas a tratar e as partes estableceron prioridades para a elaboración destes orzamentos seguindo o mesmo sistema de negociación que nos anos pasados, mantendo as prioridades e liñas de actuación que serviron para os acordos logrados para os dous últimos exercicios.

Polo momento e sen máis avances ambas partes manifestaron a súa disposición de chegaren a traballar na busca dun acordo que permita que a veciñanza de Ames conte con máis e mellores servizos, e quedaron emprazadas para continuar cos contactos nas vindeiras semanas en aras a conseguir un acordo para facer posible que o Concello de Ames teña uns Orzamentos no ano 2019.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925