[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Novas
O luns comeza unha...
[11-10-2018] O vindeiro luns, 15 de outubro, comeza o xa tradicional seminario de viticultura organizado pola Oficina de Voluntariado de Ames (OVA). A actividade realizarase todos os luns en horario de 19.30 a 21.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Este ano, como novidade, o curso tamén incluirá nocións sobre horticultura. Para inscribirse neste seminario é preciso acudir á Oficina de Voluntariado de Ames, situada nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.
Un ano máis, a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames pon en marcha o seminario de viticultura. Así, o vindeiro luns, 15 de outubro, comeza esta actividade na que se tratarán todos os aspectos referidos ao cultivo e á saúde do viñedo como, por exemplo, as castes propias de Galicia, os marcos de plantación máis axeitados, as distintas maneiras de guiar os bacelos ou as técnicas de poda que se deben aplicar. Ademais, este ano o curso tamén abondará sobre o mundo da horticultura. Así, o seminario de viticultura supón unha maneira formidable de mellorar as explotacións vinícolas e hortícolas, tanto profesionais como domésticas.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames