Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Arredor de 100...


Arredor de 100 rapaces e rapazas do IES de Ames participaron nunha charla sobre a importancia da auga

[12-07-2018] O alumnado de segundo da ESO do IES do Milladoiro participou durante a última semana do curso nunha charla sobre a importancia da auga. Tratouse dunha actividade específica programada en colaboración entre o instituto e o Concello de Ames. As charlas, nas que participaron máis de 100 rapaces e rapazas, foron impartidas por Llerena Perozo Porteiro, autora do libro En Ames amamos a auga. Trátase dun manual de bos usos, promovido polas Concellaría de Servizos Básicos e Medio Ambiente, que fala do valor da auga. O devandito libro repartiuse entre o alumnado.

Baixo o lema Unha gota é un océano, o Concello de Ames pon en valor a importancia da auga coa publicación do libro En Ames amamos a auga. Tratase dun manual de bos usos, que tamén fala doutros aspectos como o clima, os ríos, os parques e xardíns, e as rutas e sendas verdes de Ames. Na contraportada tamén hai unha solapa con diferentes teléfonos de contacto de diversos servizos municipais. Os textos foron escritos por Llerena Perozo Porteiro, as ilustración son de Francisco Muñíz, e a portada e maquetación correu a cargo de Nieves Ozores.

Este traballo comeza abordando o tema de A auga e nós, Falemos da auga e O servizo público da auga. Tamén trata Por que debemos aforrar e coidas a auga? e que podemos facer cada un de nós para poder aforrar auga. Outros aspectos importantes dos que se fala neste libro son como educar aos menores na importancia da auga, o ciclo hidrolóxico, e as augas minerais e termais. Remata cun apartado de curiosidade das que debemos tomar nota.

Charla-coloquio no IES do Milladoiro
Ademais, aproveitando a edición deste libro, que está promovido polas Concellaría de Servizos Básicos e Medio Ambiente, vanse a desenvolver diferentes obradoiros co alumnado dos colexios e institutos. Tamén se está barallando a posibilidade de que o alumnado amesá visite a ETAP de Lens para coñecer o ciclo da auga. Unha destas actividades desenvolveuse durante a última semana do curso no instituto do Milladoiro.

Deste xeito, Llerena Perozo Porteiro, impartiu unha charla coloquio ante arredor de 100 alumnos/as de segunda da ESO (divididos en dous grupo) para concienciar á mocidade sobre o cambio climático e ante a situación crítica na que se atopan as reservas de auga do planeta. Asemade, faloulles de diversos consellos para aforrar auga e para o consumo responsable. Así, trátase de que sexan aos rapaces e rapazas os que eduquen ás súas propias familias nos bos hábitos de consumo de auga.

Por outra banda, abordáronse outros conceptos como a escaseza da auga, a pegada hidráulica, coidar a auga como un recurso finito e a presenza da auga no concello de Ames. O alumnado mostrouse moi interesado e participativo nesta actividade. Ao final da charla repartiuse entre o alumnado o libro En Ames amamos a auga.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925