Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Contabilízanse...


Contabilízanse preto de 450 votos na asemblea final de reconto dos Orzamentos Participativos 2018

[11-07-2018] O pasado venres, 6 de xullo, celebrouse no salón de plenos da Casa do Concello a asemblea final de reconto de votos dos Orzamentos Participativos de 2018. Contabilizáronse un total de 434 votos (422 válidos e 12 nulos). Tratouse dunha asemblea aberta e pública que se realizou coa máxima transparencia. Para o rural houbo que elixir entre 112 propostas, mentres que a mocidade tivo que votar entre 46 propostas. As persoas asistentes puideron ver nunha pantalla en tempo real o reconto dos votos e o resultado final do número de votos que recibiron as propostas de cada unha das parroquias, así como os investimentos e actividades/programas dirixidos á mocidade. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso no que se recolle o número de votos e a puntuación de cada proposta.

Por parroquias o reconto de votos foi o seguinte: Agrón 26 votos; Ameixenda 5 votos; Ames 78 votos (77 válidos e 1 nulo); Biduído 31 votos; Bugallido 74 votos (69 válidos e 5 nulos); Covas 14 votos; Lens 10 votos; Ortoño 37 votos (36 válidos e 1 nulo); Piñeiro 26 votos (25 válidos e 1 nulo); Tapia 27 votos e Trasmonte 8 votos. Ademais, contabilizáronse 98 votos (94 válidos e 4 nulos) para os investimentos e actividades/programas dirixidos á mocidade. En total, contabilizáronse un total de 434 votos (422 válidos e 12 nulos). Para o rural houbo que elixir entre 112 propostas, mentres que a mocidade tivo que votar entre 46 propostas.

Agora, unha vez feito o reconto de votos haberá que determinar as actuacións que se realizarán en cada unha das parroquia, tendo en conta a contía económica asignada a cada parroquia (12.000 euros), así como os investimentos para o acondicionamento de dous espazos abertos dirixidos á mocidade, localizados un en Bertamiráns (25.000€) e outro no Milladoiro (25.000€) e as actividades/programas dirixidos á mocidade do Concello (10.000 euros).

Cómpre lembrar que previamente, do 25 de xuño ao 5 de xullo, realizáronse as asembleas de votación nos locais sociais das parroquias e nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As persoas asistentes a ditas asembleas tiveron que votar entre as 158 propostas (112 propostas para o rural e 46 propostas para a mocidade) que foron seleccionadas previamente polas Comisións de Orzamentos Participativos.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, indicou “sentímonos orgullosas da nosa veciñanza e da súa implicación este ano nos Orzamentos Participativos 2018. O incremento do número de propostas presentadas de 186 no ano 2017 a 490 este ano 2018 e a cifra de veciñas/os que participaron no proceso de votación con 434 votos emitidos, amosa que imos no bo camiño e que temos que seguir avanzando e traballando nestas fórmulas de participación. Agradecer especialmente aos membros da Comisión de Mocidade e do Rural a súa participación e a ilusión amosada, pois somos conscientes do esforzo que supón adicar parte do seu tempo para esta actividade”.

Este ano 2018, o goberno municipal destina 192.000 euros para que a veciñanza de Ames faga propostas e decida o seu gasto. A contía de 132.000 euros repartidos en partes iguais (12.000 euros) por cada unha das 11 parroquias para investimentos no rural: Lens, Tapia, Piñeiro, Ameixenda, Trasmonte, Agrón, Covas, Bugallido, Ames, Biduído e Ortoño. Ademais, 50.000 euros destinaranse a dous investimentos para o acondicionamento de dous espazos abertos dirixidos a mocidade, localizados un en Bertamiráns (25.000€) e outro no Milladoiro (25.000€) e 10.000 euros destinaranse a actividades ou programas dirixidos á mocidade do Concello.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925