[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Novas
Abre ao baño a...
[10-07-2018] O Concello de Ames abrirá hoxe, a partir das 15.00 horas, a área de baño da praia fluvial de Tapia. As analíticas feitas pola Consellería de Sanidade e pola empresa Espina & Delfín deron como resultado que a calidade da auga do río Tambre, ao seu poso por Tapia, é entre bo e excelente. Polo tanto, dende esta tarde volverá a ondear a bandeira verde nesta área fluvial. Independentemente disto dende o goberno municipal vaise solicitar información aos organismos autonómicos correspondentes, para esclarecer o ocorrido no río Tambre dende hai 15 día e que provocou a aparición de peixes mortos e maila turbidez da auga.
Esta mañá coñeceuse o resultado das analíticas feitas pola Consellería de Sanidade e pola empresa Espina & Delfín. En ambos casos o resultado indica que a calidade da auga está entre bo e excelente, polo tanto é apta para o baño. Os parámetros microbiolóxicos analizados foron os enterococos fecais e os escherichia coli. Ambas analíticas dan un resultado moi similar. As mostras indican a existencia de enterococos fecais, pero en cantidade pouco significativa. Cómpre lembrar que os técnicos da Consellería de Sanidade recolleron mostras da auga o pasado domingo, mentres que o persoal de Espina & Delfín recolleu mostras o sábado e mailo luns.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames