Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Organízase...


Organízase unha xornada de iniciación ao piragüismo para este sábado, 16 de xuño, na praia fluvial de Tapia

[13-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza este sábado, 16 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:30 horas. Esta actividade ten a finalidade de que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada será de portas abertas polo que poderán asistir todas aquelas persoas interesadas nesta actividade pero que sexan maiores de 7 anos. Para participar nesta actividade gratuíta hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas. O que si é imprescindible é saber nadar. Non é necesario inscribirse previamente.

A predición meteorolóxica apunta a que esta fin de semana vai facer bo tempo polo que o sábado é un bo día para iniciarse nun deporte de auga como é o piragüismo. Para elo a Concellaría de Deportes organizou para este sábado, 16 de xuño, en colaboración co Club de piragüismo Ribeiras do Tambre e coa Deputación da Coruña, unha xornada de iniciación ao piragüismo. Asemade, trátase dunha actividade benéfica, na que se poderá facer un donativo en favor da entidade para o desenvolvemento en África, Afrikable.

Aprender a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente son os obxectivos básicos que persegue a actividade Achégate ao piragüismo, que se celebrará este sábado nas instalacións da praia fluvial de Tapia. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre que se encarga de impartir esta actividade.

Así, todas as persoas que desexen iniciarse no deporte do piragüismo poderán participar e gozar desta xornada de portas abertas que se celebra todos os anos. As persoas maiores de 7 anos que saiban nadar poderán achegarse ata a praia fluvial de Tapia, entre as 11:00 e as 13:30 horas, para aprender a remar polo río Tambre, a controlar a dirección da piragua e algunhas outras nocións básicas. Recoméndase o uso de traxe de baño, camiseta, e chancletas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925