[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Novas
As bibliotecas...
[12-06-2018] As bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns acollerán, este mércores e xoves respectivamente, as últimas sesións de contacontos do curso. Baixo o título “E cun ris e cun ras... volvemos comezar!”, a Concellaría de Educación e Cultura pecha o curso escolar nas bibliotecas. Estas sesións de contacontos buscaron promover a lectura entre as máis cativas e cativos, amosándolle a maxia que agochan os libros.
“E cun ris e cun ras... volvemos comezar” é o título baixo o que se encadran as últimas sesións de contacontos do curso nas bibliotecas municipais. Esta derradeira sesión terá lugar o mércores, 13 de xuño, na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 14 na de Bertamiráns. A actividade comezará, como vén sendo habitual, ás 17.00 horas. A partir do 1 de xullo e ata o próximo 31 de agosto, as actividades de animación á lectura trasládanse ás bibliopiscinas localizadas nas piscinas descubertas municipais e na praia fluvial de Tapia.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames