Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O pavillón...


O pavillón municipal de Bertamiráns acolleu esta pasada fin de semana a segunda fase da categoría rexional do Campionato Galego de Patinaxe Artística

[12-06-2018] O Club Patinaxe Sarela organizou a pasada fin de semana, o sábado 9 e mailo domingo 10 de xuño, no pavillón de Bertamiráns a segunda fase da categoría rexional do Campionato Galego de Patinaxe Artística, coa presenza de 103 patinadores e patinadoras, e as probas de acceso, que contaron con 17 inscritos/as. Na entrega do trofeos estivo presente o alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as clasificacións das distintas categorías que participaron neste campionato.

Esta pasada fin de semana celebrouse no pavillón municipal de Bertamiráns a segunda fase da categoría rexional e das probas de acceso do Campionato Galego de Patinaxe Artística. Este campionato estivo organizado polo Club de Patinaxe Sarela. A devandita competición contou coa colaboración do Concello de Ames, da Federación Galega de Patinaxe e da Deputación da Coruña, así como co apoio dos patrocinadores Tropic Burguer, Bueyes Leoneses del Órbigo e Centro de Saúde Dental Rueiro.

Nesta competición participaron 30 clubs de patinaxe artística de toda Galicia, que estiveron representados por 120 patinadoras e patinadores das categorías alevín, infantil, cadete e absoluta. A competición comezou o sábado, ás 09.00 horas, cos adestramentos das rapazas e rapaces que participaron nas probas de acceso á categoría nacional. A competición continuou ata as 14.00 horas, volvendo a retomarse ás 16.00 horas.

Xa o domingo, ás 9.30 horas, tivo lugar unha nova xornada de competición coas patinadoras e patinadores da categoría alevín. A xornada rematou ás 14.00 horas coa entrega de trofeos. O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, asistiu ao acto de entrega de premios en representación do Concello de Ames.

Na páxina web da Federación Galega de Patinaxe, no apartado de patinaxe artística, podes atopar máis información sobre este evento. Asemade, podes consultar os resultados de todas as probas celebradas e as súas correspondentes categorías.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925