Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O amesán...


O amesán Arón Astray consegue a medalla de bronce no campionato europeo de squash de seleccións nacionais

[16-05-2018] O xogador amesán, Arón Astray, pertencente ao Squash Club Santiago, conseguiu esta pasada fin de semana a medalla de bronce no campionato europeo de seleccións nacionais. Astray formou parte da selección española sub 17 que disputou dito campionato na cidade sueca de Malmö. Ademais, a selección española sub 15 formada por Noa Romero, Adrián Gracia e Cristian Domínguez, conseguiu a medalla de prata.

A selección española sub 17 conseguiu o pasado fin de semana na cidade de Malmö (Suecia) a medalla de bronce no campionato europeo de seleccións nacionais. Dita selección estivo formada polo amesán, Arón Astray, do Squash Club Santiago, pola tamén galega, Marta Domínguez, do Club Squash Pontevedra, e polo andaluz, Augusto Ortigosa, do Club Squash Fuengirola. A selección española, tras perder con Francia en semifinais, xogouse a medalla de bronce contra a selección da República Checa á que lle gañaron por 2/1.

Este éxito súmase ao acado por outros deportistas de Ames, que tamén practican a modalidade do squash, como son Borja Golán e Carlos Cornes. Ademais, a selección española sub 15, formada por Noa Romero, Adrián Gracia y Cristian Domínguez, conseguiu a medalla de prata neste mesmo campionato despois de perder na final ante Inglaterra por 2/1.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925