Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Abre o prazo para...


Abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2018-2019

[14-05-2018] A Escola Municipal de Musica de Ames abre entre o 14 e o 25 de maio o prazo de renovación de prazas para o curso 2018-2019, para todos aqueles nenos/as e adultos que xa estiveron matriculados este ano na escola. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos da Escola para a continuación de estudios. Mentres que todas aquelas persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA deberán realizar a matrícula no mes de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un aviso sobre a renovación de prazas na Escola Municipal de Música de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) abre un primeiro prazo de renovación de prazas para o próximo curso 2018-2019, dirixido aos alumnos/as que xa estiveron matriculados na EMMA este curso. O prazo abrangue dende o día 14 ata o 25 de maio. Durante as primeiras semanas de maio os/as profesores/as da EMMA xa se encargaron de entregarlle a cada alumno/a un sobre con toda a documentación e impresos para realizar a renovación de prazas.

Os impresos deberán entregarse debidamente cubertos, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, no rexistro do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Casa do Concello, estes dous últimos situados en Bertamiráns. Cómpre lembrar que para poder matricularse na Escola Municipal de Música de Ames é preciso estar empadroado no Concello de Ames.

Para facer o pagamento cada un dos alumnos/as disporán dun impreso de autoliquidación personalizado co que terá que ir a entidade bancaria co fin de efectuar o pagamento de forma presencial. Outra opción é realizar o pagamento a través da Oficina Virtual co certificado dixital ou co DNI-e, ou para os clientes de ABANCA a través da súa páxina, sen certificado.

En caso de cambio dos datos persoais ou perda da documentación, deberán poñerse en contacto coa a oficina de recadación na praza Horta de Abaixo, número 6, situada en Bertamiráns, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, e tamén os luns e mércores de 16:15 a 18:30 horas. Outra opción é enviarlle un correo electrónico ao enderezo ames@canaltributos.com

Tamén se poden poñer en contacto coa oficina da Escola de Música no Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:00 horas, chamando aos números de teléfono 981884896 / 981535940 (extensión 3031) ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925