Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Aberto o proceso de...


Aberto o proceso de contratación do servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios na praia fluvial de Tapia e nas piscinas descubertas de titularidade municipal

[09-01-2018] O Concello de Ames informa de que o luns, 8 de xaneiro, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a contratación, mediante procedemento aberto, oferta económica mais vantaxosa e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada, do servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios na praia fluvial de Tapia e nas piscinas descubertas de titularidade municipal por unha duración inicial de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos, incluído período inicial e prorrogas. O expediente foi aprobado previamente en Xunta de Goberno Local e tamén publicado, o 4 de xaneiro, no Diario Oficial da Unión Europea.

O servizo de vixilancia e socorrismo do Concello de Ames estará activo a partir do 15 de xuño, incluídos os domingos e os festivos, momento que abrirán as piscinas municipais descubertas e mailas instalacións da praia fluvial de Tapia. Para cubrir este servizo, o Concello de Ames sacou a licitación a contratación do servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios. A prestación do servizo será de 3 meses, desenvolvéndose entre o 15 de xuño e o 15 de setembro do ano en curso. O orzamento base de licitación é de 166.000 €, máis 21% IVE o que fai un importe total de 200.860 €. En canto ao valor estimado, este ascende a 348.600 €.

Poderán presentar ofertas, por se ou por medio de representantes, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non se atopen comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 60 do TRLCSP e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.

O concelleiro de Deportes e alcalde de Ames, José Miñones, confirma que o “obxectivo desta licitación foi incorporar o servizo de vixilancia ao que xa se viña prestando para socorrismo, de xeito que se simplifiquen os procedementos e se mellore a prestación”.

Prazo de presentación de ofertas
Os licitadores poderán presentar as súas propostas no rexistro xeral do Concello de Ames ata o 22 de febreiro de 2018. Cada licitador presentará dous sobres pechados e asinados por el mesmo ou persoa que o represente, nos que se indicarán, ademais da razón social e denominación da entidade participante, o título do procedemento licitatorio. No sobre A incluirase a documentación administrativa esixida para tomar parte na licitación e, no sobre B, os criterios avaliables de forma automática e proposición económica.

Para todas as informacións relativas á convocatoria ou para a obtención dos pregos pódese consultar o perfil do contratante da páxina web municipal, na sección AMES-DIXITAL.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925