Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias O Concello de Ames...


O Concello de Ames organiza o I Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3

[15-12-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza durante o venres 22 e mailo sábado 23 de decembro, en horario de 16:00 a 22:00 horas, o primeiro Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3 Concello de Ames. Este torneo desenvolverase no pavillón municipal do Milladoiro. Esta actividade enmárcase dentro da programación municipal de Nadal que foi presentada esta semana. Ademais, vanse organizar outras actividades deportivas durante este mes como son o I Torneo de Nadal de baloncesto, a XI Carreira Ciclista do Pavo e mailo II Campus de fútbol sala, que está organizado polo FC Meigas, en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o regulamento do torneo e mailo impreso de inscrición.

O Concello de Ames organiza o primeiro Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3 Concello de Ames, que se desenvolverá no pavillón municipal do Milladoiro o venres 22 e mailo sábado 23 de decembro, en horario de 16:00 a 22:00 horas. Haberá dúas categorías: absoluta (para homes de máis de 16 anos) e feminina (para mulleres de máis de 14 anos). Para tramitar as inscricións ou obter máis información pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 – 981 535 940. Tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Haberá que entregar a ficha de inscrición cuberta e pagar 10 euros de cota de inscrición por equipo. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o mércores, 20 de decembro, ás 14:00 horas.

Por outra banda, o I Torneo Nadal de Baloncesto Concello de Ames celebrarase do 26 ao 28 de decembro, no pavillón municipal do Milladoiro. Nel participarán as categorías baby basquet (2010-2011), preminibasquet (2008-2009), minibasquet (2006-2007) e basquet 3x3 (2000-2005). Xa en xaneiro, os días 3 e o 4 dese mes, terá lugar o I Torneo Nadal de Fútbol Concello de Ames, o cal se desenvolverá nos campos de fútbol do concello. Para facer parte destas actividades é preciso inscribirse previamente, como no caso do torneo de fútbol sala 3x3, a través do enderezo de correo electrónico do departamento municipal de deportes.

De igual maneira, tamén será preciso anotarse se se quere participar da XI Carreira Ciclista do Pavo, que terá lugar o domingo, 24 de decembro, nas inmediacións do parque do Río Ameneiral, en Bertamiráns. A actividade incluirá xincanas para as máis pequenas e pequenos da casa a partir das 11:00 horas. Ás 12:00h dará inicio a carreira.

A programación deportiva para este Nadal complétase coa organización do II Campus de Fútbol Sala, que está organizado polo FC Meigas, en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames. O campus, que terá lugar entre o 26 e o 30 de decembro, desenvolverase no pavillón municipal de Bertamiráns, en horario de 09:00h a 14:30 horas. Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2001 e 2012, o campus contará con servizo de gardería. Para asistir será preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20 ou enviando un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925