Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello de Ames...


O Concello de Ames conmemora o Día Internacional das persoas con diversidade funcional cun acto no local social da asociación Arcea – Adames

[05-12-2017] O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Luísa Feijóo, acompañados de varias concelleiras e concelleiros do goberno municipal e de representantes doutros grupos municipais da corporación, realizaron esta mañá unha visita aos integrantes da asociación Arcea-Adames na súa sede no Milladoiro. A visita incluíu unha entrega de agasallados por parte do Concello, consistentes nunha fotografía de gran tamaño, tomada durante a visita da asociación á Casa do Concello o ano pasado, e nunhas cuncas decoradas coa tipografía municipal nas que tamén aparecía a inscrición “3 de decembro de 2017 , Día Internacional das persoas con Discapacidade”. A visita encádrase dentro da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se celebra cada 3 de decembro.


As persoas integrantes da asociación Arcea-Adames recibiron hoxe a visita do alcalde de Ames, José Miñones, da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Luísa Feijóo, da concelleira de Promoción Económica, Isabel González, da concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, e do concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, quen estiveron acompañados por algúns representantes doutros grupos municipais. A visita encadrouse dentro da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se celebra anualmente cada 3 de decembro. 

A visita, que acolleu un pequeno almorzo de media mañá, tamén incluíu a entrega de agasallos por parte dos membros do goberno municipal ás persoas da asociación: unha fotografía de gran tamaño tomada un ano antes durante a súa visita á Casa do Concello, así como unha cunca decorada coa tipografía municipal na que tamén aparecía a inscrición “3 de decembro de 2017, Día Internacional das Persoas con Discapacidade”, a cal foi entregada a cada unha das persoas membro de Arcea-Adames, monitoras incluídas. Esta asociación foi creada no 2003 a partir dunha iniciativa de nais, pais, titoras e titores de persoas con diversidade funcional, co obxectivo de adoptar unha serie de medidas que contribuísen á mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. 


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925