Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O curso de horta...


O curso de horta sostible que organiza a Aula da Natureza comeza este domingo

[10-10-2017] A Aula da Natureza acollerá o vindeiro domingo, 15 de outubro, a primeira sesión do curso, de 20 horas, de horta sostible. Impartido por Afonso Touceda, o curso estará conformado por seis sesións repartidas ao longo de outubro e novembro, sempre en horario de 10:30h a 13:30 horas. Aínda existen prazas dispoñibles, polo que é posible anotarse entregando o formulario de inscrición - que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova - no Rexistro municipal ou enviándoo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A valoración do terreo, o abonado, a asociación e rotación de cultivos ou a loita biolóxica contra as pragas serán algunhas das cuestións que se abordarán ao longo deste curso, que ademais incluirá diferentes visitas. Impartido por Afonso Touceda, o curso servirá tanto para iniciarse no mundo hortícola como para ampliar coñecementos previos sobre el.

O curso, que é de 20 horas de duración, estará repartido en seis sesións diferentes ao longo de outubro e novembro: 15, 22 e 28 de outubro e 4, 11 e 26 de novembro. Sempre en horario de 10:30h a 13:30 horas, na Aula da Natureza.

Dirixido a persoas maiores de 16 anos, para participar é preciso inscribirse previamente. Para facelo, débese entregar o formulario de inscrición (que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova) no Rexistro Municipal ou enviáloo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925