Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Este sábado...


Este sábado poderanse practicar 19 actividades deportivas diferentes no Día do Deporte de Ames

[13-09-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organizou unha ampla oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte na área deportiva de Milladoiro. O sábado 16 de setembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, os veciños e veciñas de todas as idades poderán gozar de 19 actividades deportivas diferentes axeitadas a todos os gustos. Haberá 6 horas cheas de deporte. Todas as persoas que participen nas actividades deportivas recibirán un tícket para o sorteo de agasallos. Cantas más veces se participe nas actividades propostas, máis posibilidades hai de conseguir un dos numerosos agasallos.

Xa está todo preparado para que a veciñanza de Ames poida participar nunha nova edición do Día do Deporte na área deportiva do Milladoiro. Haberá 19 actividades deportivas diferentes nas que se poderá participar. Pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas poderase practicar spinning, step, zumba, body combat e pilates no aparcadoiro da Casa da Cultura. Na entrada do instituto do Milladoiro haberá xincanas ciclistas e un inchable; na piscina haberá piragüismo; na zona verde que está ao carón da piscina realizaranse actividades de tiro con arco e un torneo de chave; no interior do pavillón poderase xogar ao baloncesto e practica judo; mentres que nunha das pistas exteriores faranse exhibicións de tenis.

Entre as 14:00 e as 16:00 haberá unha pausa de dúas horas para comer. De seguido, de 16:00 a 19:00 horas continuarán as actividades deportivas con spinning, step, zumba, body combat e pilates no aparcadoiro da Casa da Cultura; cross training, xadrez e inchables na entrada do instituto; piragüismo na piscina; atletismo na zona verde que está ao carón da piscina; patinaxe no interior do pavillón municipal; e voleibol e fútbol sala nas pistas deportivas exteriores. Deste xeito, haberá 6 horas cheas de deporte.

Todas as persoas que participen nas actividades deportivas recibirán un tícket para o sorteo de agasallos. Cantas más veces se participe nas actividades propostas, máis posibilidades hai de conseguir un dos numerosos agasallos. O devandito sorteo realizarase ás 19:30 horas, unha vez finalizadas todas as actividades.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925