Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias Arredor de duascentas...


Arredor de duascentas persoas participarán na III Festa do Porco á Brasa

[11-08-2017] Os billetes aínda poden ser adquiridos a través das propias persoas da comisión, así como no Bar Mero e na Casa Abelleira; tamén se poderán mercar pola noite no propio lugar da festa (Campo da Peregrina). Nesta terceira edición da Festa do Porco á Brasa poderanse degustar, alén do propio porco, empanada e diferentes sobremesas.

A III Festa do Porco á Brasa celebrarase hoxe, 11 de agosto, a partir das 22:00 horas. O prezo dos billetes é de 18 euros para as persoas adultas e de 8 euros para nenas e nenos menores de 12 anos. Antes do comezo da cea, terá lugar o pregón das festas a cargo de Diego Viaño, xornalista e veciño de Ames, coñecido, entre outras cousas, por ser un dos encargados de dar o tempo na Televisión de Galicia.

O sábado, os festexos comezarán ás 10:00 horas coa tirada de 21 bombas de palenque. Entre as 11:00h e as 19:00 horas, a charanga Tíralle do Aire estará recorrendo a vila. Ás 12:30h terá lugar unha misa solemne e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú co grupo Alborada. Para os e as máis pequenas, haberá inchables pola tarde, de 18:00h a 21:00 horas, no parque da Travesía do Rueiro. Cara ao final do día, ás 21:00 horas, haberá unha misa e unha procesión de fachos. A partir das 22:00 horas, dará comezo a verbena no Campo da Peregrina coas orquestras Capitol e Tamarindos. 

O domingo, a festa tamén empezará ás 10:00h coa tirada doutras 21 bombas de palenque e co pasarrúas do grupo de gaitas amesán Os Castros, que tamén ofrecerá unha actuación de baile tradicional, a partir das 12:00h, na praza da Maía. Nesta praza, a partir das 11:00h, estará a banda de música de Santa Cruz de Ribadulla que, ademais, acompañará a procesión posterior á misa solemne das 12:30h. A sesión vermú será a partir das 14:00h da man da orquestra Poceiro; a esta hora tamén haberá unha tirada de fogos de artificio. Xa pola tarde, ás 19:30h, no campo municipal, terá lugar o XIV Trofeo de Fútbol “Café Don Budi”. As festas da Peregrina de Bertamiráns rematarán coa actuación das orquestras Poceiro e Los Player´s, a partir das 22:00 horas.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925