Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello de Ames...


O Concello de Ames contratará a 10 persoas cunha subvención da Xunta de Galicia

[10-08-2017] O Concello de Ames, a través dunha subvención solicitada á Xunta de Galicia por parte da Concellaría de Promoción Económica, contratará nas vindeiras semanas a 10 persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), para desenvolver distintas actuacións en servizos municipais. A partir do 1 de setembro traballarán cun contrato temporal de 7 meses de duración. Estas persoas, que terán unha dedicación do 75% da xornada ordinaria, realizarán traballos de xardinería e limpeza de camiños, entre outros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aporta ao Concello de Ames un total de 101,640,70 euros para este programa, que ten como obxectivo fomentar a inserción laboral. Os traballadores seleccionados que se contraten deberán cumprir o requisito de percibir a Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas.

Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras desta renda que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, maiores de 45 anos e as que teñan cargas familiares.

A concelleira encargada da promoción do emprego, Isabel González, explica que “a través da contratación destas 10 persoas conséguese un dobre obxectivo. Lógrase a integración social deste colectivo cun posto de traballo durante sete meses, e ademais, sérvelle como experiencia de cara a un futuro laboral”.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925