Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Os establecementos...


Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis con motivo das festas da Peregrina

[09-08-2017] Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora. Este permiso, que xa comezou o pasado luns 7, foi concedido ata o día 14 de agosto de 2017 con motivo das festas da Peregrina. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Ames para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas da Peregrina, o Concello de Ames realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Ames durante os días 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de agosto de 2017 con motivo das festas da Peregrina que se celebran na localidade de Bertamiráns os días 11, 12 e 13 de agosto.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, explica que “ante a solicitude de varios hostaleiros o Concello de Ames realizou as correspondentes xestións ante a Xunta de Galicia xa que a Administración local non ten competencias neste eido”. Isabel González tamén destacou que “cremos necesaria esta ampliación do horario durante estes oito días, xa que durante tres deles, celébranse en Bertamiráns as festas da Peregrina, e consideramos que é un xeito de potenciar o sector hostaleiro”.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925