Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Ana Rosa Lista...


Ana Rosa Lista exporá unha escolma do seu traballo na mostra internacional “Rendas de Bilros”, en Peniche

[17-07-2017] A palilleira amesá, Ana Rosa Lista, será unha das artesás que este ano acudirá á Mostra Internacional “Rendas de Bilros” en Peniche, entre o 20 e o 23 de xullo. Na mostra haberá delegacións internacionais de países como Rusia, Polonia, Austria, Inglaterra ou India.

Ana Rosa Lista presentará nesta mostra varios traballos novos. Serán dous traxes adornados con encaixe (que se exhibirán no desfile da delegación española) e tres obras de Luis Seone. Xunto con estes, levará outras xa realizados anteriormente como o escudo do Concello de Ames.

A artista, formada na Escola Holandesa do Encaixe, ten realizado cursos de mestras tan destacadas como son Mariña Regueiro e Lia Baumaister-Jonkers. Na actualidade, imparte aulas na Casa Escola Obradoiro Ana Rosa situado nas Punxeiras Altas, na parroquia de Ortoño, así como no local social da Tarroeira, na mesma parroquia, e no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Ademais tamén realiza obradoiros e charlas en diferentes puntos da xeografía galega e española.

Os seus traballos beben de tradicións tan dispares como a galega, a holandesa, a rusa ou a italiana, combinadas con técnicas máis modernas e novidosas. A artista amesá foi a gañadora do II Premio do 1º Concurso de deseño de Encaixe de Camariñas – Xacobeo 2010, así como do 1º Premio de Exaltación do Traxe Galego Antigo (1895) no ano 2012.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925