Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello de Ames...


O Concello de Ames acolle o Dépor Campus por segundo ano consecutivo

[13-07-2017] O campus de verán que organiza o RC Deportivo da Coruña, en colaboración co Concello de Ames e o Bertamiráns FC, remata este venres. Nesta segunda edición, o Campus contou coa participación de 40 rapazas e rapaces.

En horario de mañá, de 10:00h a 14:00 horas, as nenas e nenos participantes están aprender a metodoloxía empregada no RC Deportivo. Desta maneira, durante a primeira parte da mañá, realízanse tarefas de relación co balón, de posición, dun contra un ou de un contra dous, nas que as rapazas e rapaces van rotando cada 15 minutos aproximadamente. A media mañá, realízase un descanso e merendase. Na segunda parte da mañá, realízanse partidos, cun sentido máis lúdico mais tentando aplicar o aprendido anteriormente. Por último, a xornada remata cunha ducha, para ensinar ás nenas e nenos a importancia dunha boa hixiene persoal.

Dirixido a rapazas e rapaces entre os 6 e os 14 anos, nesta edición o Campus Dépor de Ames contou coa participación de 40 nenas e nenos. Divididos en grupos por idades (aínda que tendo en conta tamén afinidades persoais e destreza no xogo), as e os participantes puideron asistir ao Campus tanto unha soa semana como dúas. Así, o campus dividiuse en dúas quendas, cada unha dunha semana de duración. A primeira foi do luns 3 ao venres 7 de xullo, e a segunda está a abraguer do luns 10 ao venres 14.

Ás nenas e nenos participantes fíxoselles entrega dun equipamento consistente nun pantalón e nunha camiseta. Alén diso, tamén lles foi entregada unha entrada para asisitir ao torneo de verán Teresa Herrera na Coruña. Debido aos bos resultados do Campus, todo parece apuntar que para o próximo ano haberá unha terceira edición do Dépor Campus en Ames. 

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925