Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O goberno municipal...


O goberno municipal concede preto de 60.000 euros a través das convocatorias de subvencións culturais e de festas para o ano 2016

[19-05-2017] O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión de 57.884,78 euros a través das convocatorias de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais e para a realización de festexos populares durante o exercicio 2016. Un total de 8 entidades disporán de 22.467,25 euros pola celebración de festas tradicionais e 19 asociacións culturais percibirán 35.417,53 euros para sufragar parte das actividades que desenvolveron o pasado ano. As bases destas axudas foron consensudas a través dun proceso participativo para que a veciñanza puidera facer as súas achegas.

O goberno municipal acaba de aprobar a adxudicación das axudas que se enmarcan dentro da convocatoria de 2016 e que están dirixidas ás asociacións culturais e a realización de festexos populares. Deste xeito, despois de presentar a documentación requirida polo Concello, 8 entidades disporán de 22.467,25 euros pola celebración de festas tradicionais. Ademais, 19 entidades culturais percibirán 35.417,53 euros para sufragar parte das actividades que desenvolveron o pasado ano. Dúas asociacións culturais perderon a súa subvención por non presentar a documentación requirida en prazo.

Antes de publicar as bases destas axudas o goberno municipal abriu un proceso de participación que permitiu escoitar as ideas e as suxestións da veciñanza e telas en conta á hora de elaborar as devanditas bases. O principal cambio que se introduciu na convocatoria de axudas para actividades culturais foi que se incrementou o importe subvencionable ata o 80%, de xeito que o Concello puido financiar 8 de cada 10 euros investidos polas asociacións culturais. Ademais, reduciuse o importe mínimo a xustificar do 50% ao 30%, de maneira que se algunha asociación non puido realizar a actividade prevista na súa totalidade puido percibir igualmente a subvención, sempre que se xustificase cando menos unha terceira parte do proxecto solicitado, coa minoración correspondente.

Na convocatoria de axudas para festas populares e parroquiais tamén se fixeron unha serie de modificacións. Deste xeito, realizouse unha actualización do censo de habitantes das parroquias e estableceuse unha nova distribución para facilitar as achegas ás parroquias con menos poboación, duplicando o importe asignado de 500 e 1.000 euros, aplicable ás parroquias de Agrón, Ameixenda, Lens, Piñeiro, Tapia e Trasmonte. Nas parroquias de tamaño medio, de ata 3.000 habitantes, o importe ascendeu a 2.500 euros, o que supuxo un incremento do 25% en relación a anteriores convocatorias; e nos núcleos urbanos de Milladoiro e Bertamiráns, incrementouse ata un máximo de 8.000 euros.

Ao igual que na convocatoria de actividades culturais reduciuse o importe mínimo a xustificar do 50% ao 30%, de maneira que se algunha asociación non puido realizar a actividade prevista na súa totalidade puido percibir igualmente a subvención, sempre que se xustificase cando menos unha terceira parte do proxecto solicitado, coa minoración correspondente.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925