Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A asociación...


A asociación Rutasapie organiza unha andaina pola ruta do Contrabando (Luintra) para o día 27 de maio

[18-05-2017] A asociación deportiva Rutasapie organizou unha ruta de sendeirismo por Luintra, pertencente ao concello de Nogueira de Ramuín, na que se percorrerá a ruta do Contrabando. Esta andaina, que terá unha distancia de 16 quilómetros e un desnivel de 874 metros, desenvolverase o sábado 27 de maio. O prezo de inscrición é de 15 euros para persoas non federadas, e de 12 euros para as que si o están. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar aos teléfonos 628 287 957 ou 675 680 159.

Trátase dun percorrido que inclúe tramos pola Ribeira Sacra do Miño e do Sil. Percorre camiños milenarios, miradoiros, aldeas tradicionais e vestixios históricos. Esta andaina terá unha distancia de 16 quilómetros e un desnivel de 874 metros. É unha ruta circular e de dificultade moderada. A ruta do Contrabando é un dos carreiros deseñados, habilitado e sinalizado por “Móvete por Nogueira”.

O inicio e final da ruta está situado en Luintra, no concello de Nogueira de Ramuín, que é un espazo natural de orixinal beleza onde conflúen os ríos Miño e Sil. Esta terra de frailes e afiadores foi un dos centros monásticos da Ribeira Sacra e é hoxe, dedicado ás rutas fluviais que surcan as súas ribeiras, un dos referentes turísticos de Galicia.

O prezo de inscrición é de 15 euros para persoas non federadas, e de 12 euros para as que si o están. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar aos teléfonos 628 287 957 ou 675 680 159.

A saída do autobús realizarase ás 06:45 horas dende a estación de autobuses de Santiago de Compostela. Este mesmo autobús pasará pola estación de tren, ás 06:50 horas, e ás 07:00 horas polo aparcamento de Santa Marta.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925