Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Continúa a...


Continúa a programación sobre a apicultura que se enmarca dentro do mes das abellas

[20-04-2017] Este sábado, 22 de abril, impártese a segunda xornada do curso de apicultura ao que lle restan outras dúas sesións (29 de abril e 6 de maio). Esta actividade estase desenvolvendo nas instalacións da Aula da Natureza. A programación do mes das abellas comezou o pasado venres 7 de abril coa inauguración da exposición “As abellas gardianas do medio”, que se pode visitar ata final de mes na Casa da Cultura de Bertamiráns. Tamén haberá un cata de produtos apícolas o sábado 29 de abril e un obradoiro no que se construirá unha casiña polinizadora e trampas para a vespa velutina o sábado 27 de maio.

O programa do mes das abellas comezou o pasado 7 de abril coa impartición dunha charla e coa inauguración da exposición As abellas gardianas do medio da Asociación Galega de Apicultura (AGA), que se pode visitar ata final de mes na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais, durante os días 8 e 9 realizouse unha visita á Casa das Abellas de Abegondo e comezou o curso de apicultura.

Dito curso continúa este sábado, 22 de abril, nas instalacións da Aula da Natureza, en horario de 11:00h a 13:00 horas. Nesta actividade, que está dirixida ás persoas maiores de 16 anos, faise unha introdución sobre a reprodución das plantas con flor, da polinización e sobre a apicultura. Tamén se falará das flores dos meles de Galicia, das abellas, sanidade apícola, a colmea e os utensilios do apicultor, dos produtos das abellas e ofrecerase unha guía de boas prácticas apícolas. As 20 prazas ofertadas para este curso xa están cubertas e estase barallando a opción de realizar este mesmo curso noutras datas, xa que hai arredor de 15 persoas en lista de agarda.

Cata de produtos apícolas e obradoiro hotel de insectos
O sábado, 29 de abril, en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas, tamén nas instalacións da Aula da Natureza, realizarase unha cata de produtos apícolas. Para esta actividade, que está dirixida a un público adulto que poderá estar acompañado de nenos/as, ofértanse 20 prazas. Nesta cata os participantes coñecerán diferentes produtos da colmea. Dita presentación farase co apoio de vídeos e cada participante terá a súa propia cesta de cata para que vaian experimentando con cada produto. Probaranse as tres variedades de mel máis representativos de Galicia (o pole, a xalea real e o propóleo).

Por último, o sábado 27 de maio, desenvolverase o obradoiro hotel de insectos, no cal se construirá unha casiña polinizadora e trampas para a vespa velutina. Deste xeito, será o momento de que os participantes nas actividades do mes das abellas, poidan colaborar coas abellas. Este obradoiro desenvolverase nas instalacións da Aula Natureza, en horario de 10:30 a 14:00 horas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925