Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Biblioteca...


A Biblioteca municipal de Ames realiza unha “Solta de libros” por diversos espazos públicos municipais

[20-04-2017] Este xoves, 20 de abril, comezouse a realizar unha “Solta de libros”, que está organizada pola Biblioteca municipal de Ames. Esta actividade enmárcase dentro da programación de “Literatura na praza 2017”. Consiste en deixar libros nas casas da cultura e centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro para que os veciños e veciñas os poidan levar de balde. Ademais, este sábado 22, ás 12:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, está previsto un reparto gratuíto de 150 libros entre a veciñanza amesá.

A través desta iniciativa de “Solta de libros” repartiranse preto de cincocentos libros, para todas as idades e de temáticas moi variadas, dende literatura clásica, pasando por libros infantís ou mesmo de bricolaxe. Algúns deste libros están a disposición da veciñanza nas casas da cultura e centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. Os libros tamén se deixarán en diferentes marquesiñas e prazas de Bertamiráns.

O vindeiro sábado na praza do Concello ademais da solta de libros farase un intercambio de libros e unha exposición de libros. Ademais, o sábado realizarase a solta nas prazas de Chavián, do Concello e da Maia, en Bertamiráns, así como nas marquesiñas das paradas do transporte público do centro de Bertamiráns. Os veciños e veciñas poden levar os libros de balde.

Reparto gratuíto de libros na praza da Maía
Por último, cómpre destacar que o sábado 22, ás 12:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, está previsto un reparto gratuíto de 150 libros entre a veciñanza amesá para desenvolver a campaña de Libros para sermos libres, unha actividade organizada pola Deputación da Coruña, en colaboración do Concello de Ames, que se desenvolverá a mesma hora noutros concellos da provincia.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925