Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Comezan as xornadas...


Comezan as xornadas sobre alimentación saudable que organizan o Concello de Ames e mailo FC Meigas

[19-04-2017] Este mércores, 19 de abril, comezan as xornadas sobre alimentación saudable que organizan o Concello de Ames e mailo Fútbol Club Meigas. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro do programa municipal "Ames Saudable". Estas charlas correrán a cargo da técnica municipal e nutricionista, Rosana Martínez, e están deseñadas especialmente para o perfil das nenas do club amesán tendo en conta a idade, sexo, etc.

Ditas charlas desenvolveranse os días 19 e 26 deste mes de abril na Casa de Cultura do Milladoiro, en horario de 19:30 a 21:00 horas. Trátase dunhas xornadas de alimentación saudable, enmarcadas dentro das actividades programadas polo FC Meigas e do Concello de Ames, a través do programa municipal "Ames Saudable". Estas charlas correrán a cargo da técnica e nutricionista do Concello, Rosana Martínez, e están deseñadas especialmente para o perfil das nenas do club amesán.

A primeira sesión está dirixida aos adultos e a da próxima semana será para as nenas. Trátase de dar unhas pautas axeitadas de alimentación saudable e dirixidas á práctica deportiva segundo as idades das deportistas. Esta actividade tamén se enmarca dentro das iniciativas que organiza o FC Meigas para complementar a educación deportiva co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925