Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Talía Teatro...


Talía Teatro chega este venres a Ames co seu espectáculo infantil "Sopa de Sapo"

[20-03-2017] A compañía Talía Teatro representa este venres, 20 de marzo, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "Sopa de Sapo". Trátase dunha divertida comedia que está dirixida ao público infantil. As entradas para asistir a esta obra de teatro están dispoñibles na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar as entradas, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. Ademais, resérvase o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.

A Concellaría de Educación e Cultura preparou unha ampla programación teatral para o primeiro semestre deste ano. Para este venres, 24 de marzo, hai un novo espectáculo programado. Trátase da comedia Sopa de sapo, unha comedia escrita e dirixida por Artur Trillo, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos. Recomendada para unha franxa de idade de entre 6 e 11 anos, é unha historia sobre unha familia de bruxas, á que nesta ocasión dan vida María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Rubén Prieto.

Trátase dunha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos. A avoa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, pregúntase a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra: Non! Outra vez sopa de sapo! Todos os días sopa de sapo! Ben sabes pequena, di a avoa, que para ser unha boa bruxa… ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.

As entradas para esta obra de teatro xa están á venda na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar as entradas, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, dirixíndose aos postos de conserxería e coa axuda dos técnicos do departamento de Cultura, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Ademais, resérvase o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925