Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello de Ames...


O Concello de Ames organiza este luns, 20 de marzo, unha xornada informativa sobre a Lei de Accesibilidade

[18-03-2017] As concellarías de Urbanismo e Promoción Económica organizan de xeito conxunto unha xornada informativa sobre a Lei de Accesibilidade co obxectivo de explicarlles aos propietarios e propietarias dos establecementos hostaleiros e comerciais do concello a incidencia que vai a ter o real decreto lexislativo 1/2013, aprobado pola Xunta de Galicia, que vela polos dereitos das persoas con discapacidade. Este real decreto establece unha moratoria que finaliza en decembro de 2017, polo que é importante coñecer o contido de dita normativa. A xornada informativa terá lugar, o luns 20 de marzo, ás 20:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello.

O Concello de Ames organiza para o próximo luns, 20 de marzo, ás 20:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello unha charla informativa sobre a Lei de Accesibilidade co obxectivo de explicarlles aos propietarios e propietarias dos establecementos hostaleiros e comerciais do concello a incidencia que vai a ter a ter o real decreto lexislativo 1/2013, aprobado pola Xunta de Galicia. Nesta iniciativa participarán José Luís López Cousillas, arquitecto especialista en materia de accesibilidade, e Álvaro García Busto, membro da directiva da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

O real decreto lexislativo 1/2013, aprobado pola Xunta de Galicia, nunha das súas disposicións adicionais vela polos dereitos das persoas con discapacidade. Así establece que se debe de adaptarse a lei de accesibilidade nos edificios públicos e privados de vivendas, nas zonas públicas (prazas, rúas, etc.) así como establecementos hostaleiros e comerciais. Neste real decreto recollese que se debe de facer un estudo sobre as barreiras arquitectónicas existentes e plantexar as posibles solucións, no caso de que se poidan executar. Trátase dunha normativa transversal e de principios xerais.

Deste xeito, o goberno municipal pretende informar ao sector hostaleiro e comercial do contido deste real decreto, que establece unha moratoria que finaliza en decembro de 2017, polo que é importante coñecer o contido de dita normativa. Debido a iso, esta xornada está dirixida principalmente aos propietarios/as de establecementos comerciais e hostaleiros, pero tamén a veciñanza en xeral e ás comunidades de veciños.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925