Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Asociación...


A Asociación Ames Pospetróleo e o Concello de Ames organizan unhas xornadas no mes de xuño

[30-04-2016] A Asociación Ames Pospetróleo organiza, coa colaboración do Concello de Ames, unha xornada na que se abordarán os problemas derivados da fin da Era da Enerxía Fósil, así como os seus posibles efectos sobre a sociedade. A xornada terá lugar o sábado 4 de xuño, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e repetirase o venres 17 de xuño, ás 20:30 horas, no centro sociocultural do Milladoiro. A asistencia é libre e gratuíta.

Durante a xornada presentarase tanto a Asociación Ames Pospetróleo como a Asociación Véspera de Nada. Esta segunda introdución está a cargo do profesor de economía aplicada na USC Xoán R. Doldán. O público coñecerá da súa man a obra "Guía para o descenso enerxético", un libro que se pode descargar gratuitamente da rede en formato PDF.

Despois destas intervencións proxectarase o documental animado "Non hai mañá", de Dermot O'Connor, nunha versión dobrada ao galego. O documental afonda na imposibilidade dun crecemento infinito nun planeta de recursos finitos, e as consecuencias que a busca deste crecemento está a ter no noso planeta. Ao remate da proxección invítase ao público e aos membros da corporación municipal a participar nun coloquio

A Asociación Ames Pospetróleo nace no ano 2015. Este colectivo traballa na difusión de modos de vida alternativos que contemplen un menor emprego de enerxías fósiles, cuxo emprego excesivo chegará a un punto crítico, o denominado peak oil ou teito do petróleo, a partir do cal o ser humano deberá afrontar o seu futuro sen o uso desta fonte de enerxía.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925