Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias A amesá Celia...


A amesá Celia Montero acadou o segundo posto no Campionato Galego Absoluto de Tenis

[09-08-2017] Nesta competición, Montero foi a gañadora dos dobres femininos, xunto con Ana Pérez Conde, así como do dobre mixto con Pedro Ecenarro. Actualmente, a xove tenista, de 17 anos, está a completar a súa formación neste deporte na Comunidade Valenciana.

A amesá Celia Montero vén de conseguir o segundo posto no Campionato Galego Absoluto de Tenis e o primeiro na categoría de dobres femininos e de dobre mixto. Porén, estes non son os únicos títulos acadados, xa que a tenista ten, con só 17 anos, un amplo palmarés de torneos e triunfos como, por exemplo, ter sido a campioa galega cadete en individual e mixto. De igual maneira, Montero recibiu no ano 2014 o galardón á promesa deportiva máis destacada de Ames, na Gala do Deporte organizada polo propio Concello.

Montero comezou neste deporte con cinco anos no club de tenis existente en Aldea Nova e, desde aquela, ten recorrido múltiples campionatos tanto a nivel galego, estatal internacional. Nos últimos días, a tenista ten participado de dúas probas en Portugal: no XXIII Internacional Júnior en Leiria e no Taça Diogo Napoles, na cidade do Porto (onde está a competir actualmente).

O seu obxectivo é chegar a ser unha tenista profesional, porén Montero é consciente das moitas dificultades que existen para iso. Na actualidade, está a completar a súa formación no tenis nunha escola profesional en Valencia, ao tempo que estuda o bacharelato a distancia.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925