Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

A concellaría de Obras e Servizos presenta unha App destinada a mellorar a comunicación de incidencias

[21-07-2017] “Concello Ames – Obras e Servizos” é o nome da nova aplicación. Calquera veciño ou veciña pode baixala ao seu dispositivo móbil, tablet ou teléfono, e a partir de aí establecer comunicación directa co departamento de Obras e Servizos do Concello de Ames. A finalidade é a de conseguir que a información sobre incidencias chegue ao departamento dun xeito rápido, directo e eficaz e que a veciñanza teña unha canle cómoda e sinxela para comunicala. A nova App nace no departamento de obras pero inclúe outras informacións de interese entre as que se atopan os contactos de diferentes servizos municipais e a axenda de actos do concello. A aplicación permite ademais que, logo de rexistrarse, o usuario/a poida subscribirse ao servizo de notificacións, onde se lle avisará ao momento daquelas cuestións importantes que acontezan no municipio. A aplicación é totalmente gratuíta.

A nova Brigada de incendios comeza hoxe a desenvolver traballos de prevención

[21-07-2017] Un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns, que forman a brigada de prevención e extinción de incendios forestais de Ames, comezaron hoxe a desenvolver traballos de prevención en Ventosa e Montemaior, lugares nos que o risco de incendios é alto pola continuidade de zona forestal. A Brigada permanecerá no concello durante tres meses , tempo no que ademais poderá facer traballos de vixilancia e de extinción de lumes se for necesario.

O dueto Soul & Roll actuará este venres nas Noites na Terraza do Milladoiro

[21-07-2017] Tamara Pérez e Miguel Araújo estarán este venres, 21 de xullo, a partir das 21:30 horas, na terraza do Café Bar 500 no Milladoiro. O concerto encádrase dentro do programa Noites na Terraza, que conta coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellería de Educación e Cultura. Este domingo, 23 de xullo, tamén se celebra a Virxe do Carme en Bugallido.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925