Avisos

Ex., 09-06-2024
Ex., 09-06-2024
Xoves, 2 maio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co desistimento do acordo polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Ames contida na oferta de emprego público do ano 2023.
Martes, 30 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publicou no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4), que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024.
Martes, 30 abril, 2024
A partir do vindeiro xoves, 2 de maio, estará aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2024-2025. A solicitude poderase realizar ata o venres 10 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro.
Luns, 29 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio da primeira acta do tribunal do proceso selectivo dunha praza de técnico/a do Ciclo Integral da Auga. Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
Venres, 26 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 26 abril, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 24 abril, 2024
Ata o 6 de maio de 2024 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo na ligazón ao final deste aviso.
Martes, 23 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no DOG sobre a corrección de erros nos nomeamentos de funcionarios de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos de estabilización.
Martes, 23 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo dunha praza de técnico/a do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Tamén se recolle o nomeamento e constitución do tribunal de dito proceso.
Venres, 19 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.