Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda Xornada aberta sobre...


Xornada aberta sobre prevención de condutas aditivas na mocidade no IES do Milladoiro

Dende o 15-05-2019 ao 15-05-2019

A partir das 16.00h

A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade organiza este mércores, 15 de maio, unha xornada de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde na adolescencia. O evento, que terá lugar no salón de actos do IES do Milladoiro, estará aberto a todos/as os/as membros da comunidade educativa amesá. O obxectivo desta iniciativa será ofrecer aos asistentes información profesional sobre os distintos tipos de adiccións da man de varios especialistas, así como analizar os resultados acadados no estudo sobre Condutas aditivas e convivencia na mocidade amesá realizado pola USC no concello. Mediante esta xornada, buscase reforzar o traballo realizado nos últimos tres anos ao abeiro do programa de prevención de condutas aditivas e educación afectivo sexual no ámbito escolar.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925