Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda CEIP de Barouta: Un...


CEIP de Barouta: Un chocolate con… Pepe Cabido

Dende o 26-03-2019 ao 26-03-2019

Ás 18.30 horas

O CEIP de Barouta acolle hoxe, martes 26 de marzo, a partir das 18.30 horas, unha charla sobre a igualdade e os roles de xénero, na que se reflexionará sobre porqué educamos ou nos comportamos socialmente dun xeito determinado en función do noso xénero. A xornada, que leva como título “Un chocolate con...”, contará coa presenza de Pepe Cabido, profesor e membro do equipo de igualdade do IES Plurilingüe Fontexería de Muros.

Esta iniciativa encádrase dentro do programa de charlas formativas e divulgativas que o CEIP de Barouta celebra unha vez por trimestre, dende fai tres anos, para favorecer o encontro coa comunidade de alumnos/alumnas e familias. Con este mesmo obxectivo, o colexio realiza, tamén de maneira trimestral, asembleas abertas para escoitar as dúbidas e suxestións dos pais e nais, así como actividades de diversas temáticas como o magosto, o outono ou o entroido.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925