Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda A voar. Un conto para...


A voar. Un conto para soñar con música para brincar

Dende o 15-03-2019 ao 15-03-2019

Ás 18.00 horas

Cé Orquestra Pantasma achega á Casa da Cultura do Milladoiro o seu espectáculo A voar. Un conto para soñar con música para brincar. A través da historia que cambiou a vida de Xoana, na que a música e o baile terán un importante papel, buscarase axudar ás crianzas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as necesidades de liberdade, movemento e xogo libre. A función comezará as 18.00h na Casa da Cultura do Milladoiro. O venres 29, por outra banda, Elefante Elegante chegará á Casa da Cultura de Bertamiráns coa peza infantil Patapatum, apoiada no concepto de teatro visual só acompañada por unha banda sonora inspirada na música dixieland. Esta peza propón unha reflexión sobre o tempo, a crianza e os baleiros que supoñen as ausencias dos proxenitores.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925