Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda "Vive o...


"Vive o Camiño": Contacontos de Celso Sanmartín e concerto de M.J. Pérez

Dende o 14-09-2018 ao 14-09-2018

Ás 21.00 horas

O programa de artes escénicas “Vive o Camiño” promovido por Turismo de Galicia chega este venres, 14 de setembro, ao concello de Ames, á porta de entrada do Camiño Portugués a Santiago. A cita será ás 21.00 horas na praza da Capela da Madalena, no Milladoiro, onde está prevista a actuación de Celso Fernández Sanmartín, “Celsiño”, e de M.J. Pérez.

Trátase da última actividade incluída en dito programa, a través do cal se programaron 44 actividades de balde, entre contacontos e actuacións musicais, a cargo de diferentes artistas con traxectorias recoñecidas e cunha ampla experiencia no mundo das artes escénicas e a música.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925