Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda Teatro para adultos:...


Teatro para adultos: A compañía Voadora representa “Soño dunha noite de verán”

Dende o 17-02-2017 ao 17-02-2017

Ás 21:00 horas

Este venres, 17 de febreiro, continúa a programación teatral no concello de Ames. O centro sociocultural de Bertamiráns acolle a obra "Soño dunha noite de verán" a cargo da compañía Voadora. Este último espectáculo para adultos é unha adaptación feita da comedia escrita por William Shakespeare arredor de 1595. As entradas para estas obras de teatro xa están á venda na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar as entradas, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, dirixíndose aos postos de conserxería e coa axuda dos técnicos do departamento de Cultura, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Ademais, resérvase o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925